Manuel Coia


Manuel Coia Franco, nado en Hio, Cangas, en 1940 e faleceu en Vigo no mes de xuño de 2017, foi escultor galego/español que criouse nun ambiente mariñeiro, participou na vida do mar activamente e coñeceu a súa dureza e aventura cotiá en barcos de pesca por mares de todo o mundo.
A súa formación é autodidacta. Quizais sentiu a escultura desde as formas caprichosas de raíces emerxidas nas praias de Nerga, lugar onde residía, ou tallando a punta de navalla un anaco de casco desprendido dunha dorna.
A madeira é a súa materia habitual. Asistiu a certames colectivos como os da Praza da Princesa, en Vigo, onde empezou a ser coñecido a principios dos setenta. Realizou algunhas exposicións individuais en cidades de Galiza, España e o estranxeiro.

Residiu moito tempo en Brasil, onde tomou contacto con outras concepcións da arte. Por fin volve a Galiza para traballar en silencio e sorprender periodicamente, con obras que son un berro, unha denuncia. As esculturas de Coia son pura síntese. Está representado en museos de Pontevedra e Vigo, así como en importantes coleccións particulares.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Xose Guillermo

Museo Municipal de Lalín contará con la exposición del pintor vigués Diego de Giráldez

Aristas interesantes de la Comunidad Autónoma de Galicia relacionados con Vigo.